A troulear e Venrespirar!

A troulear e Venrespirar!

24 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Volta un novo Venrespirar á cidade das Burgas. Unha festa tradicional  itinerante para xuntarse a troulear os derradeiros venres de cada mes. Organizada polas asociacións culturais Algaravía e AOFT- Gomes Mouro co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, mañá ás 22:30 horas, celébrase unha nove edición na Praza de San Marcial.

Por oitavo ano consecutivo o baile e a música tradicional ocupan unha praza o último venres de cada mes, nesta edición a xuntanza será na Praza de san Marcial coa colaboración da Cervexería Grándola, a partir das 22.30h.

Guiará o baile o coruñés Xurxo Fernández, habitual dos seráns que se celebran por toda a nosa xeografía e profesor de baile tradicional.

A música virá da man do Cuarteto Mildeu, Candarira e Gomes Mouro. A festa está asegurada e aberta a todas as persoas que se queiran achegar.

Sociedade