Ugia Pedreira e Fred Martins de concerto en Boiro

Ugia Pedreira e Fred Martins de concerto en Boiro

09 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Unha festa de música moderna prepárase este venres no local social Aturuxo de Boiro. O brasileiro Fred Martins acompañará a Ugia Pedreira, cantante galega natural de Foz. O seu repertorio abarca folc, ska, electrónica, latina e boleros.

Todo comezará cunha cea ás 21.30 (tortilla, pizza, queixo, ensalada de pasta, pan, vinho e café, 10€) As persoas interesadas poden ainda apuntarse no correo: localsocialbarbanza@@gmail.com ou enviando unha mensaxe ao facebook de aturuxo. A asociación Aturuxo abre o seu local social todas as fins de semana na R/ Principal nº118, Boiro, Barbanza, Galiza.

Cultura