Ultimos dias para participar no II concurso de maquetas Millo Verde

Ultimos dias para participar no II concurso de maquetas Millo Verde

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A asociación decidiu ampliar o prazo de presentación de traballos ata o día 22 para que ningún artista interesado quedara fora da convocatoria.Os interesados en participar aínda están a tempo polo tanto de enviar as súas maquetas que deberán incluir tres cancións de composición propia.

Estes traballos deberán ir acompañados dunha breve reseña biográfica onde se recollan datos básico do grupo. O material debe ser enviado ao enderezo: Isidoro Queimaliños, 24 en Redondela.De todos os traballos recibidos seleccionaránse un mínimo de tres finalistas que participarán nunca festa concerto que terá lugar a finais de abril. Os asistentes a esta festa concerto serán os encargados de elixir mediante votación ao gañador do concurso deste ano.

 

A asociación lembra que poden presentarse ao concurso todos os grupos ou solistas que o desexen, independentemente do estilo musical que practiquen, co único requisito de residiren en Galicia ou Portugal e de non ter disco editado. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival millo Verde que terá lugar os días 5, 6, e 7 de xuño, percibindo 300 euros como contrapartida pola súa participación. Os que queiran ter máis información teñen a súa disposición dous enderezos electrónicos,: milloverde.blogaliza.org e tamén http://www.myspace.com/milloverde

Cultura