Un adeus

Un adeus
14 de Xullo, 2020 - 09:54 h. | Publicada por Radio Fene

Faleceu Julio o das abellas. Será enterrado hoxe en Sillobre.

ESCOITA O PODCAST:
Julio López Allegue en Radio Fene

O sepelio de Julio López Allegue terá lugar ás cinco menos cuarto desta tarde no cemiterio veciñal de Sillobre. Julio o das abellas, ou Julio de Remedios faleceu o dia 11 aos 78 anos de edade.

Escoitamos un fragmento dunha conversa que en Radio Fene mantiñamos con Julio López Allegue en 2013, falando dunha das súas paixóns, das abellas. A outra era o toque das campás, no que era todo un experto. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora