Un aplauso ao profesorado

Un aplauso ao profesorado
21 de Abril, 2020 - 11:06 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Educación de Fene, Ánxeles Coira, louba ao profesorado polo difícil papel que lle tocou xogar nesta crise. Afirma que se esforzan ao máximo para chegar a cada un dos seus alumnos a pesar de carecer de aulas.

ESCOITA O PODCAST:

O profesorado merece uns aplausos tamén polo labor calado pero difícil que están facendo durante esta crise sanitaria. “O profesorado estao facendo moi ben porque teñen unha tarefa difícil” afirma a concelleira de Ensino de Fene Anxeles Coira quen explica que ao alumnado colleuno por sorpresa iso de non acudir ao centro pero pronto o colleron con alegría. O profesorado ten que esforzarse ao máximo para atendelos a todos e está especialmente implicado con aqueles que non dispoñen de internet e que incluímos na “brecha dixital”. Afirma Anxeles Coira que o concello tamén aprendeu desta crise que hai familias que non teñen as mesmas oportunidades e que todos os nenos e nenas deben ser iguais.

No medio disto, cóntanos Coira unha curiosidade solidaria, que o tanatorio de Vilar do Colo brindouse para axudar aos colexios a trasladar o material escolar necesario aos domicilios. Reunir o Consello escolar neste momento vai ser difícil porque os centros están agora entregados ao alumnado para rematar o curso o mellor posible. A avaliación continua e a promoción son as preocupación dos mestres que viven, esa é a impresión da concelleira fenesa, con certa decepción a xestión desta crise entre Ministerio e Consellería. A prevención dos contaxios leva a Anxeles Coira a preferir que os nenos e nenas non volvan ás aulas ata o próximo curso. “Xa nos volveremos ver” conclúe.

Preguntámoslle polo permiso para que os nenos e nenas menores de 12 anos saian á rúa desde o próximo luns. Coira recoñece que moitos pequenos encerrados nos pisos necesitan saír un pouco pero tamén escoita que hai rapaces que teñen medo a contaxiarse; outros sairían se puideran ver aos amigos e xogar no parque, senón prefiren aguantar na casa un pouco máis.

(Imaxe de arquivo. A Xunqueira. maio 2018)

Cultura

Publica o teu comentario agora