Un artefacto caseiro estoupa nunha oficina de emprego de Lugo

Un artefacto caseiro estoupa nunha oficina de emprego de Lugo

27 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Unha bomba fixo explosión ás 3,50 desta madrugada nunha oficina de colocación situada no número 13 da rúa Río Cabe da cidade de Lugo. O artefacto estaba composto por unha bombona de cámping gas e un dispositivo incendiario. Provocou danos materiais de escasa entidade, un pequeno incendio e rotura de cristais.

Faltaban 10 minutos para as 4 da madrugada cando estourou o artefacto. A bombona de camping gas colocouse ao pé dunha fiestra nunha bolsa de plástico. A detonación rompeu un cristal e provocou pequenos desperfectos na oficina de Emprego. O local abriu esta mañá o seu servizo de atención ao público cunha hora de retraso con respeito ao habitual. Ata o momento ninguén reivindicou a colocación deste artefacto. A Policia investiga para dar coas persoas que o colocaron.

O pasado 16 de setembro un artefacto estourou no local do PSOE na Estrada (Pontevedra). Neste caso provocaronse considerabeis desperfectos e destrozos.

Institucional