Un auténtico intelectual

Un auténtico intelectual
23 de Novembro, 2020 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

A tradición artística galega constitúe outro idioma galego, afirmaba Luís Seoane. A súa obra é un compendio das súas fidelidades lingüísticas: a da plástica e a da lingua galega, que defendeu e cultivou en penosos momentos históricos, consciente de que se como pobo, temos algo que contar é desde a nosa singularidade. Ser universal é ser galego e en galego. Esa actitude é a dun auténtico intelectual sen complexos e alleo a calquera baleiro pseudocosmopolitismo. 

Xardín de Luís Seoane. Estación de Perlío. Fene

O Museo das Belas Artes da Coruña ofrece un achegamento á figura e obra de Luís Seoane por medio do rico acervo doado pola esposa do artista, Maruxa Fernández. O legado posibilita seguir, con pezas de contrastada calidade, a súa traxectoria na pintura e no gravado. A mostra permite percibir como Seoane elabora por medio das súas pinturas e gravados un espazo intelectual e emocional, segundo asegura Carlos L.Bernárdez nun artigo publicado no número 409 de Sermos Galiza.

Cultura

Publica o teu comentario agora