Un banquete na biblioteca

Continua a celebrar o Dia Internacional da Biblioteca
08 de Outubro, 2019 - 01:01 h. | Publicada por Radio Fene

A Biblioteca municipal de Fene acolle mañá o espectáculo infantil de Andamiaxe titulado “Un banquete con moito conto”. Abre tamén a inscrición na actuación “Príncipas e Princesos”, de Os Contos de Pablísimo, que terá lugar o 16 de outubro ás 18,30 horas.

A Biblioteca Pública Municipal Xosémaría Pérez Parallé acolle mañá, 9 de outubro, o espectáculo “Un banquete con moito conto”, de Andamiaxe. Trátase dunha actuación dirixida a nenos e nenas de 5 a 8 anos e que terá lugar ás 18,30 horas. A obra estrutúrase como un banquete de contos no que os comensais serán partícipes da súa elaboración e degustación. Para iso, deberán seguir os pasos esenciais: poñer a mesa, botarlle unha ollada á carta, degustar os “pratos” e, finalmente, pagar a conta. Unha acción moi cotiá pero transformada de maneira creativa en inusual. As ferramentas: mantel de papel, rotuladores, goma eva, lapis... e moita imaxinación!

Este espectáculo enmárcase no ciclo posto en marcha polo Concello de Fene para conmemorar o Día Internacional da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro. “Un banquete con moito conto” é a segunda das actuacións programadas dentro do ciclo, dirixido a un público infantil e que ten como obxectivo rachar con estereotipos de xénero, promover a lectura e agasallar tardes de diversión a nenos e nenas. Todas as actividades deste ciclo enmárcanse no programa “Ler conta moito‟, da Xunta de Galicia.

A Biblioteca Pública Municipal Xosémaría Pérez Parallé tamén abre mañá, 9 de outubro, o prazo de inscrición no espectáculo “Príncipas e Princesos”, de Os Contos de Pablísimo, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos. A actuación terá lugar o mércores 16 de outubro ás 18,30 horas e fai unha sutil e divertida reflexión sobre a igualdade, procurando príncipes rosas e princesas azuis; contando contos de valentes princesas enfrontándose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro. Todos os espectáculos teñen prazas limitadas, polo que é preciso formalizar a inscrición para cada un deles no mostrador da Biblioteca Municipal ou nos teléfonos 981342302 ou 607

Cultura

Publica o teu comentario agora