Un bo ano para a madriña

Un bo ano para a madriña
31 de Decembro, 2023 - 05:26 h. | Publicada por Radiofusión

Son Radiofusión desexa un bo ano 2024, para tí, para a madriña, para Merlín e familia. O pódcast "Madriña" pódese escoitar todos os dias laborabeis ás 9 da mañá e as 9 da noite en Radio Fene e en Radiofusión. Tamén na web www.radiofusion.gal. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

Non tiña aínda moi claro se pasar primeiro pola casa de Xoán ou pola de Xabier cando decidín facer unha parada no bar da praza, que ficaba a moi poucos metros do concello e do camposanto e que me quedaba de camiño, porque case todos os destinos cruzaban por alí. Parei na taberna coa dobre intención de petiscar algo e, de paso, manter unha charla co taberneiro, sempre falangueiro, a quen xa coñecía de antigo, desde os meus contactos habituais coa familia Gallego. 

O pódcast "Madriña" produceo Son Radiofusión, en base a un guión de Antonio Tizón, dirixido por Eugenia Sanmartín, coa banda sonora de Antón Ramos e a interpretación de Merlín e familia. Contou coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

Fotografía Xan Xe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora