Un bocado caralludo

Caralludo é o nome da tosta do Jesy Bar no concurso de tapas de Fene
15 de Novembro, 2019 - 11:29 h. | Publicada por Radio Fene

Tamén o bar de Maniños notou moita afluencia de xente a pasada fin de semana con motivo do certame de tapas.

ESCOITA O PODCAST:

María,do Jesy Bar de Maniños.

http://173.255.131.18/audio/151119JESY.mp3

Facemos parada en Maniños (Fene). O Jesy Bar apuntouse ao certame de Tapas de Fene cun bocado “Caralludo”. Semella que as tostas, de diferentes ingredentes e sabores, son a tapa máis recurrente do certame deste ano 2019. María, a chef do Jesy Bar, explica que a súa tapa leva entre outros ingredentes, chourizo, pementos e ovo, que non é difícil de elaborar se tes axudante na cociña como é o caso. A afluencia de xente non estivo mal. Declara María que "Para ser a primeira vez que é de pago, estivo moi ben".

Sociedade

Publica o teu comentario agora