Un bocado delicioso

Salpicón de rape con emulsión de cítricos.
12 de Novembro, 2019 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Un toque especial ten a tapa do Pachamama, un bar clásico na avenida do Concello de Fene. A emulsión de cítricos dalle un algo moi especial ao salpicón de rape que presentan a concurso.

ESCOITA O PODCAST:

Unha tapa de salpicón de rape con emulsión de cítricos é a aposta da cafetería Pachamama no XXXII Certame de Tapas de Fene. O certame arrancou o pasado venres 8 de novembro cunha inesperada irrupción de clientes, segundo concordan a maioría dos establecementos que visitamos.  A cociñeira dese salpicón é Rosa Balseiro (na imaxe) do Pachamama quen apostou por este petisco para concursar este ano. Aparentemente non é unha tapa complicada pero leva o seu tempo, sobre todo porque a reducción da emulsión de cítricos leva unhas dúas horas. Iso sí, dalle unha pincelada de sabor que a converte nun bocado delicioso. Declara Rosa nos micrófonos de Radio Fene que tivo clientes que pediron a tapa o venres, o sabado e o domingo, proba de que gustou. E iso que nesta ocasión hai que pagar 1,50€ . Rosa está dacordo neste aspecto porque así o hosteleiro non perde cartos. Foi xenerosa e deixounos aquí a elaboración do seu salpicón de rape.

Cultura

Publica o teu comentario agora