Un camiño de ida e volta entre Arzúa e Melide

Un camiño de ida e volta entre Arzúa e Melide

28 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os de Arzúa chámanlle aos de Melide peseteiros. Os melidenses responden co alcume de pataconeiros. É só un exemplo dos roces existentes entre as duas vilas. Recuperamos o formato da radio-novela para abordar con humor as relacións e o xeito de entrar en contacto estas localidades do camiño de Santiago.

Anxos Garcia Fonte e Rubén Ruibal elaboraron este programa radiofónico sobre as disputas entre duas localidades veciñas. Unha visión diferente arredor das tirapuxas entre vilas. ¿Amor polo entorno mais próximo, patriotismo do cercano, ou localismo trasnoitado, cousas do século pasado? As bolas están no caldeiro.

Sociedade