Un centro de interpretación en Xuvia

Un centro de interpretación en Xuvia
29 de Decembro, 2019 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Un centro de interpretación instalarase no muíño de Lestache na ponte de Xuvia. O orzamento global supera o millón trescentos mil euros, pero o Concello de Narón xa ten comprometida unha axuda da Deputación de 400.000 euros. Falta por concretar a subvención da Xunta de Galicia e o que terá que aportar o municipio de fondos propios.

Muiño de Lestache en Xuvia

O muíño de Xuvia alberga a antiga fábrica de fariñas e de papel de Lestache. Construíuse en 1775 e foi a maior fábrica de fariñas do seu tempo. Tiña unha capacidade de moenda de 240.000 ferrados de grao. O cereal importábase en barcos dende o mar Báltico, de América e de Santander. Cada unha das catro moas albeiras de 6 pés de diámetro, moía 15 ferrados por hora. Contaba con 5 cribos automáticos que clasificaban a fariña en 5 clases. En 1858 era a principal do país na súa clase. Nese ano, os Filgueira e socios a remodelaron, constando entón de casa-habitación , fábrica de laminados de cobres e fábrica de tecidos, moi afamados que se exportaban ao exterior. O aproveitamento múltiple converteu a instalación hidráulica nun verdadeiro complexo industrial que xenerou riqueza e poboamento nas dúas beiras do Xuvia.

Bibliografía: MERLAN, EVA e outros. Narón, unha historia ilustrada na Terra de Trasancos Narón. 1995.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora