Un chute de autoestima

Eume 0- Perlío 5 na copa feminina de futbol 7.
12 de Novembro, 2019 - 12:06 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino fabricou un xogo no partido de Pontedeume que retou ao mal tempo e á propia competición. Da un chute de moral enorme ás xogadoras dos Pinares antes de medirse o sabado co Libunca.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío ten un chute de autoestima e optimismo despois da súa victoria no campo da Gándara de Pontedeume. Retou ao mal tempo e logrou, non so deixar a portería a cero, senón meter ata cinco balóns entre os tres paus. Eume 0- Perlío 5 deixou o marcador tras unha boa actitude do euqipo feminino das fenesas. O primeiro gol entrou no minuto 2 e iso deulles seguridade desde o principio, en palabras do técnico, Juanjo Lorenzo. O Perlío tivo moitas ocasións, e sempre o control. (Na imaxe vese o mal estado do campo da Gándara eumesa)

Chegouse ao descanso cun 0-3 e na segunda parte non baixaron o ritmo. Os goles foron, dous de María, dous de Sofía e un de Ana. O técnico, Juanjo Lorenzo, destacou do seu equipo que nunca baixou o ritmo e ter deixado a portería a cero. Das rivais admira que, a pesar da adversidade nunca cederon nin baixaron os brazos.

Está confirmado que o próximo partido do Perlío xogarase o sabado 16 de novembro ás 16:00h no campo da Gándara fronte ao Libunca, un equipo de nova creación, en fase de adaptación, ao que Lorenzo nunca veu xogar.

Deportes

Publica o teu comentario agora