Un cocidiño na Casa do Patrón

A excursión de O Tadetas sairá o domingo 24 de febreiro ás 9,30h de Fene
09 de Xaneiro, 2019 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación cultural O Tadetas de Fene asiste este ano á Feira do Cocido de Lalín que se celebra o domingo 24 de febreiro. A asistencia á Feira do Cocido e ao desfile de carrozas e comparsas complétase coa degustación do Cocido na Casa do Patrón.

En febreiro chega o tempo do cocido e do lacón con grelos

A asociación cultural O Tadetas organiza unha viaxe á Feira do Cocido de Lalín o domingo 24 de febreiro. A viaxe gastronómica e cultural inclúe o xantar do cocido con sobremesa de antroido, na Casa do Patrón, e unha visita guiada ao Museo etnográfico. O prezo é de 32 euros, incluída a viaxe en autobús que sairá de San Valentín ás 9,30 da mañá con parada na rúa do Concello de Fene.

Á chegada ao destino, sobre as 11 da mañá, participarase na Encomenda do Cocido na casa do concello de Lalín, visitarán a Feira ás 12  e presenciarán a lectura do Pregón media hora despois. Ás 13.00 horas comezará o desfile de carrozas, charangas e comparsas coa Banda de Música de Lalín. Un desfile que ten moita sona e no que participan máis de vinte agrupacións.

O pago da excursión farase na conta bancaria da asociación fenesa O Tadetas ou no seu local de Fonte do Campo polas tardes, de 18,00h a 19,30 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora