Un conto para sermos libres

Un conto para sermos libres
14 de Abril, 2020 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

"Eu quedo na casa" un conto de Ramón D. Veiga e Iván R. da ás aos máis pequenos e pequenas da casa neste encerro que empeza a parecerlles longo de máis.

ESCOITA O PODCAST:

Un conto escrito en pleno confinamento trunfa na rede.  “Eu quedo na casa” con texto de Ramón D. Veiga e ilustracións de Iván R., fixérono seu un montón de lugares como nos explica o autor nesta entrevista. Ramón traballa no mundo editorial en Vigo pero é de Fene onde vive toda a súa familia. “Estou desexando velos” confesa o autor deste xeitoso conto que fala da experiencia do confinamento entre os nenos e nenas. E fala con coñecemento de causa porque ten unha filla que estas semanas ata aprende ballet enliña. Esta situación de alarma sanitaria primeiro foi unha novidade entre os máis pequenos, unha situación especial á que houbo que adaptarse pero agora mesmo xa se lles fai longa. O máis positivo deste confinamento para eles é probablemente a alegría de estar tanto tempo cos pais. Conta Ramón que nota como á súa filla necesita parque pero tamén “estar con nós tanto tempo encántalle” asegura. Non imos destripar o conto pero adiántanos o autor que o título “Eu quedo na casa” xa o di todo. A mensaxe para as persoas que viven pechadas nos pisos é paciencia e buscar entretementos. Manter o contacto cos amigos tamén é interesante para pequenos e grandes. O conto de Ramón D. Veiga e Iván R. aporta iso que tanto precisamos, un pouquiño de liberdade.

(Na imaxe, o autor con Henrique Sanfiz)

Cultura

Publica o teu comentario agora