Un curso da Universidade de Santiago abre o debate sobre os dereitos fundamentais

Un curso da Universidade de Santiago abre o debate sobre os dereitos fundamentais

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A actuación dos Tribunais Penais Internacionais, a situación de Guantánamo tras varios meses de goberno de Obama ou as últimas manifestación do conflito entre Israel e Palestina póñense sobre a mesa, entre outros asuntos, no curso A tutela internacional dos dereitos e liberdades públicas fundamentais. O proxecto está organizado por Esculca (Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades), en colaboración coa Universi

Universalismo / Pluriversalismo é o título da primeira das conferencias, a cargo de Pilar Allegue, na que se reflexionará sobre a necesidade de que as declaracións de dereitos universais inclúan as visións dos distintos pobos. Segundo unha das impulsoras do curso, Rosa María Verdugo, a carta que coñecemos e publicitamos realizouse desde unha óptica europea sen ter en conta as particularidades culturais do resto do planeta.

Entre o programa de actividades, destacan aquelas nas que expertos internacionais intentarán explicar a realidade desde perspectivas diferentes á occidental. Así, a secretaria da Asociación de Mulleres Africanas E´Waiso Ipola, Remei Sipi, ofrecerá unha charla sobre os dereitos e liberdades na cultura islámica e o arabista Pedro Martínez Montávez exporá as súas opinións arredor do conflito palestino-israelí.

 

Sociedade