ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Cultural Maniños afronta o derbi con moito respecto, unha vez superado o empate co Caranza da última xornada. Tamén elas coñecen ben ao Perlío e xogan na casa.
O Maniños agarda con moito respecto ao Perlío feminino o domingo ás 12.30h. Tamén o Maniños se xoga moito no derbi da liga de futbol 7, tanto como manter a esperanza de chegar ao cumio ao remate da batalla. Non puido o equipo de Carlos Gómez superar ao Caranza no último encontro no que o marcador acabou con empate a dous. Así que a cabeza da clasificación continúa igual, con 26 puntos cada equipo, pero co Perlío pisándolles os talóns con 24 puntos. Daí a importancia do derbi o domingo na casa, no campo do Pote.
Sobre o que pasou en Caranza, Gómez di que están aboados ao empate. Maniños e Caranza levan cinco empates nos últimos encontros entre ellas. O Maniños saíu moi ben, mellor que o Caranza. “Fomos a por todas” describe Carlos Gómez. Tiveron moitas ocasións e moitas chegadas na primeira parte. “A defensa estivo perfecta” engade, pero perdoaron, non materializaron, e un leve despiste custoulles o primeiro gol do Caranza xusto antes de marchar ao descanso. Melisa non perdoa e marca o 1-0. Na segunda parte o Maniños saíu ben e no minuto dous Cris logra o empate. Unha falta na frontal, que puido non ser tal, ocasionou o segundo tanto das locais. Pero tirando de orgullo o Maniños consigue o empate definitivo grazas a un gol de Rebe. O desgaste era moito e nos últimos minutos tocou defender e sufrir. O punto tivo un sabor agridoce para o técnico e para o conxunto.
Publica o teu comentario agora