Un dos máis alegres camiños do mundo

Un dos máis alegres camiños do mundo
07 de Xullo, 2019 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

En verán, o camiño a Barallobre, debe ser un dos máis alegres camiños do mundo. Ao menos iso lle pareceu ás persoas que onte acudiron á ofrenda floral no Monumento ao Camiñante Descoñecido. Cumpreu oitenta e cinco anos de homenaxe á cultura galega e tamén de respeto ao medio ambiente, á contorna. A paisaxe é sempre para a persoa, o que o amor para Rimbaud, medida perfecta e reinventada. 

Dúas nenas na ofrenda floral do Monumento ao Camiñante Descoñecido

A presidenta da Liga de Amigos de Barallobre Dolores Fernández lembrou ao promotor do monumento -inaugurado o primeiro de xullo de 1934- o xornalista Alfonso Piñón e tamén reclamou a apertura permanente da biblioteca ubicada no lugar. O alcalde de Fene Gumersindo Galego referiuse ás palabras de Fanuca Ares no acto inaugural, cando asegurou que as mulleres de Barallobre serían a garantía do coidado do monumento. 

Cultura

Publica o teu comentario agora