Un dos maiores expertos no mundo sobre a glucogenosis ofrece en Lugo a única conferencia en Galicia sobre esta doenza

Un dos maiores expertos no mundo sobre a glucogenosis ofrece en Lugo a única conferencia en Galicia sobre esta doenza

02 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Deputación de Lugo, o Colexio de Médicos de Lugo e Asociación Española de Enfermos de Glucogenosis logran que David Weinstein, un dos maiores expertos na glucogenosis, ofreza en Lugo a única conferencia en Galicia sobre dita doenza.

En Lugo, este prestixioso doutor adiantará ademais, as novidades sobre a pioneira investigación que está a realizar sobre a glucogenosis tipo I. Na actualidade, está a aplicar un innovador tratamento a animais que, no caso de obter os mesmos resultados nos humanos, permitiría vivir con normalidade a aquelas persoas que padezan esta doenza cuxo orixe se descoñece.   
A Vicepresidenta Segunda da institución, Lara Méndez salientou que o organismo provincial sumou esforzos con ambas as dúas organizacións debido á incidencia desta doenza que elimina a mobilidade dos músculos. Dos 26 casos rexistrados en España, 16 atópanse en Galicia. A súa distribución por provincias é a seguinte: Lugo 2, Ourense 1, A Coruña 7 e Pontevedra 6.
A glucogenosis tipo I é unha enfermidade hereditaria, que se manifesta en 1 de cada 100.000 nacementos e que, por un erro xenético, provoca a falla no fígado dun encima que debería transformar o glucógeno en glucosa. Isto conleva que o corpo non teña o combustible necesario para desenvolver as funcións vitais. Por elo, os afectados teñen que estar controlados as 24 horas do día xa que só poden recibir a cantidade exacta de glucosa que necesitan. Unha baixa repentina de glucosa sen tratamento pode causar a morte súbita en media hora.  A Asociación Española de Enfermos de Glucogenosis (AEEG) formouse hai 12 anos e na actualidade conta con 320 socios dos cales máis de 120 están afectados por algún dos 12 tipos de Glucogenosis existentes. José Luís Ceide, membro da Asociación Española de Enfermosos de Glucogenosis, explica que a conferencia de Weinstein se celebra en Lugo,
David Weinstein é doutor da División de Endocrinoloxía Pediátrica da Facultade de Medicina na Universidade de Florida. Dirixe o maior programa clínico e de investigación para as enfermidades por almacenamento de glucógeno hepático no mundo. José Luís Ceide, membro da Asociación Española de Enfermosos de Glucogenosis, explica que o conferenciante é un dos maiores expertos no mundo sobre a glucogenosis tipo I.
    Para mais información: http://www.glucogenosis.org/

Sociedade