Un dos mellores murais do mundo

Un dos mellores murais do mundo
06 de Setembro, 2023 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

Un mural pintado polo artista Sfhir en Fene, na parede do edificio número 64 da rúa da Fraga, pode ser elixido o mellor do mundo. Estaba entre os 25 mellores do mes de agosto pero esta mañá pasou un novo chanzo. Agora está entre os 10 finalistas nunha elección por votación popular que rematará o luns. As votacións son por internet, na plataforma Street Art Cities que promove a arte urbana no mundo. Falamos co artista seleccionado e con dous dos organizadores do Perla Mural Fest, Alberto González e Fran Lage, que animan a toda a veciñanza a participar nas votacións.

ESCOITA O PODCAST:

O éxito da primeira edición do Perla Mural Fest, que contou coa colaboración do Concello de Fene e o apoio de moitos veciños e veciñas, reflíctese tamén na elección da obra do artista urbano madrileño Sfhir como unha dos finalistas ao recoñecemento de mellor mural pintado no mes de agosto no mundo. O evento naceu por iniciativa de Ramón Pereira, Alberto González e Fran Lage, para homenaxear a sala La Perla de Perlío e tivo unha acollida excelente. Tres artistas urbanos, o madrileño Sfhir, a andaluza Virginia Bersabé e o lucense Ruben Paz Trece Trazos participaron no Perla Mural Fest, que tivo como temática  a música. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora