Un equilibrio brutal

Un equilibrio brutal
16 de Decembro, 2022 - 12:47 h. | Publicada por Radio Fene

“O mellor do Edén sempre foi a serpe. Xénese apócrifo, capítulo 3, versículo 25”. Así remata Edénicas, o poemario erótico da escritora, fotógrafa e locutora Andrea F. Maneiro á que poderemos escoitar este venres no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Edénicas, de Andrea F. Maneiro ven de gañar a XVI edición do premio de Poesía Illas Sisargas. De oficio locutora radiofónica, a autora nacida en O Carril en 1964 desenvolveu a súa carreira profesional en Radio Arosa, Radio Galicia, Radio Salnés e na Radio Galega. A partires das once de mañá faremos unha viaxe sensual polas letras e imaxes dunha obra na que a escritora crea un ambiente axeitado para que os lectores xeren aquelo que lles produce pracer. "Eu son das quer penso que a literatura erótica é camiñar por enriba dun aramio. Si caes a un lado hai unha cousa e se caes para o outro, hai outra. Dun lado, pornografía e doutro, un romanticismo empalagoso. Eu tratei de quedarme no medio e para facer isto, que é un equilibrio brutal, decidín empregar detonantes. Toda emoción e toda sensación ten un detonante. Pode ser ese son, o movemento do vento nas follas dunha árbore, o aroma de calquera planta, o tacto… Tirei de tódolos sentidos que puiden e, sobre todo, en desatar a imaxinación da xente”, afirma Maneiro.

Fotografía: Xan Xe Corral

Na imaxe, Andrea F. Maneiro en Radio Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora