Un equipo do pelotón destroza ao Racing (2-4)

Un equipo do pelotón destroza ao Racing (2-4)

29 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Real Sociedad B deu a sorpresa esta tarde no estadio da Malata ao vencer ao Racing de Ferrol por un tanteo de 2 a 4. Os filiais donostiarras festexaron a victoria coma se fose a Copa de Europa. Non era para menos. Un equipo que pelexa por non descender de categoría, un conxunto dubitativo que tirou en 5 ocasións á porta, fixo 4 goles e merendouse á escuadra que adestra Michel Alonso.

O Sanse sorprendeu adiantandose no marcador á media hora de partido con dous goles de Viguera en apenas dous minutos. Lamatina reduciu distancias no minuto 34 e pouco despois do descanso Juan Martinez encarrilaba o partido facendo o tanto do empate. Pero todo foi un espellismo. A Real B volveu marcar no minuto 66 (Ros) e no 86 (Gabilondo). Nen o resultado nen o xogo convenceron á parroquia racinguista.

Deportes