Un estriptis en Casa Blanca

As orquestras galegas foron moi viaxeiras. Los Tamara son o mellor exemplo.
10 de Xullo, 2019 - 11:47 h. | Publicada por Radio Fene

"Unha Historia da Música en Galicia 1952-2018" de Fernando Fernández Rego xa está á venda.

ESCOITA O PODCAST:

"Unha Historia da Música en Galicia 1952-2018" de Fernándo Fernández Rego, recén editado por Galaxia, ten máis de 900 páxinas, detrás hai 250 entrevistas e nove anos de traballo. Unha obra ilustrada da que falamos co seu autor, quen antes xa publicou: “50 anos de pop, rock e malditismo na música galega”, “Galicia en clips” e “Andrés Dobarro. Saudade”. Destripamos con Fernándo Fernández Rego algunhas das historias da música galega máis interesantes.

Los Tamara ou Andrés Dobarro son dúas debilidades do autor que fala de numerosos estilos musicais, todos agás a música tradicional. Os sesenta son os anos das orquestras e da música que chega de América. "As nosas orquestras foron moi viaxeiras", segundo afirma Fernando Fernández Rego. Nas máis de 900 páxinas desta historia da música en Galicia cóntanse historias moi bonitas, anécdotas curiosas como as que viviron os Tamara en Casa Blanca ou en Arxelia. Para o autor, falar con Henrique Paisal dos Tamara foi do máis emocionante.

Sendo ferrolán como é, Fernandez Rego quixo poñer en valor a musica de Ferrolterra. "Andrés Dobarro é todo un referente" en palabras do autor. "Unha Historia da Música en Galicia 1952-2018". Galaxia, de Fernándo Fernández Rego, xa está á venda nas librarías e pode adquirirse tamén en Internet.

Cultura

Publica o teu comentario agora