Un Felicia Pop enerxético e divertido

Este ano o festival ten entrada gratuíta
11 de Outubro, 2018 - 10:09 h. | Publicada por Radio Fene

Grupos galegos, cataláns e vasco conforman o cartel máis periférico do Felicia Pop Festival. Os británicos The Primitives son a atracción do vixésimo aniversario.

Queda un dia para que en Limodre se respire, escoite e baile Pop polos catro costados. A pista polideportiva da parroquia acolle o Felicia Pop Festival, vinte anos despois de que arrancada o Felipop no local veciñal. Mañá ás nove da noite, uns callos na pista de Limodre poñen a andar o Felicia Pop do 2018. O cantante de Limodre, Roger de Flor actúa o sabado na sesión vermout.

O Programa musical do Felicia Pop Festival 2018 é máis que potente.

Mañá venres 12 teremos a oportuniddae de ver o rock sureño dos ferroláns Jaime Fifthring & The Cofee Breakers e de novo a Bang 74, pechando os poderosos carballeses, Aula 11.

O sábado 13 haberá unha sesión vermú da man do cantautor limodrés Roger de Flor, acompañado dos seus habituais músicos e bailaríns. Xa pola noite, a partir das 22.00 horas, a diversión está aseasegurada con catro bandas recoñecidas pola súa "enerxía" en palabras deo xornalista Nicolás Vidal, gran coñecedor da cita limodresa. Comezarán os bilbaínos Bonzos, con novo disco, os barceloneses Mujeres. A gran atracción deste ano son os británicos The Primitives, unha banda icónica dos 90 e pechará a velada o ye-yé festivo dos barceloneses Retrovisores.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora