Un froito tropical

O aguacate do xeito máis saboroso
09 de Agosto, 2019 - 09:40 h. | Publicada por Radio Fene

O aguacate é orixinario de América Central, dun clima case tropical, coa forma dunha pera grande. O seu nome significa testículo. De pel dura e cor verde, ten unha carne verde amarela moi graxa. Se se deixa tempo ao aire, vaise poñendo negra.

Prepárase recheo de marisco con salsa rosa, tamén en ensaladas con aceite e vinagre. En Portugal, póñeno en purés doces, con azucre e zumes.

Para preparar aguacates en roliños de salmón, primeiro hai que abrir os aguacates en dúas metades, quitarlles a monda e a caguña e cortalos en anacos. Esmagar a polpa con zume de limón ata obter unha pasta. Moer por riba un pouco de pementa negra e remexer cun fío de aceite para lixeirar a pasta, mesturar cunhas gambas ou unhas cereixas. Presentar facendo roliños co salmón afumado, envolvendo a pasta do aguacate coas gambas, segundo apunta Fausto Galdo no libro “Abecedario das mantenzas”.

Cultura

Publica o teu comentario agora