Un gaiteiro como a copa dun pino

Un gaiteiro como a copa dun pino

23 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene homenaxea este sabado a un dos gaiteiros máis auténticos do país, a Raul Galego, na XXVI Xuntanza de Gaiteiros en Fene. Vexamos senón os calificativos dos seus colegas, músicos de grupos cos que Galego tocou ou toca habitualmente. O máis bonito paréceme o expresado polo director da Banda de gaitas Tradicional Airiños de Fene, Miguel Doval, que ven decir igual que Quevedo decía do seu amigo Góngora “erase un hombre a una na

Pepe de Nande, requinteiro do Ulla e membro de A gaita de Sarandón calificouno como bon gaiteiro e bon compañeiro.

Antonio Raposo, dos Melidaos, outro dos grupos convidados á XXVI Xuntanza de gaiteiros este sabado, tamén tivo palabras de admiración para Raul Galego.

Mini da Quenlla, que acudirá á Xuntanza con Mero, calificou a Raul Galego sobre todas as cousas, de "xeneroso" pero tamén dixo: "é un gaiteiro como a copa dun pino"

Xunto aos grupos xa nomeados, tamén actuará Millo Verde de A Coruña e presentará a Xuntanza, Xurxo Souto.

Son todos referentes da música tradicional e achegados ao homenaxeado, segundo palabras do director de Airiños de Fene, Miguel Doval. 25 gaiteiros da banda anfitriona porán o punto final á Xuntanza, tocando entre outras, unha peza de recente creación que resume os seus tempos de Lorient.

A XXVI Xuntanza de Gaiteiros agarda por nós este sabado 25 no local da Sociedade Agarimo de Sillobre, dende as sete e media da tarde.

Sociedade