Un grande expositor de santos

Un grande expositor de santos

03 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Fernando de Casas e Lucas Ferro Caaveiro deseñan e construen a fachada do Obradoiro da catedral de Santiago de Compostela. Os dous colaboran tamén na capela dos Ollos Grandes da catedral de Lugo, pero coinciden nunha portada que se converte nun grande "expositor de santos", nun teatro no que a vida de Santiago Apostol se presenta como un modelo para os cristiáns.

A fachada do Obradoiro concebiuse como un grande expositor de santos que resaltaba publicamente o rango de gran relicario que tiña a basílica. Así coronando o estribo da torre norte, aparecen as estatuas de Santa Susana e San Xoan Evanxelista. Sobre a balaustrada de pedra do contraforte da torre Sur, dispoñense as estatuas de Santiago Alfeo e Santa Bárbara. 
A catedral reforza o pensamento máxico  propio da cultura barroca. A estratexia propagandística ben definida combina o populismo e a tradición xacobea. Como un auténtico retablo didáctico, o Obradoiro amosa ao pobo, a tradicións xacobeas, presentando a historia do Señor Santiago como un modelo de vida para os fideis que a contemplan. O Apostolo aparece ante os seus devotos vestido de peregrino, con sombreiro, esclavina, bordón e cuncha de vieira, e levando un libro na man que indica a súa condición apostólica. 
A fachada é un verdadeiro teatro arquitectónico que manifesta a apoteose do apostolo Santiago. Nela a columna non só decora, senón que “condecora” ao edificio. Valórase o ritmo ascensional e o efecto escenográfico do edificio. 
Nas torres que enmarcan a fachada, prima a idea do macizo pero na parte media, desprégase o grande Espello, unha pantalla luminosa colocada por Fernando de Casas Novoa para protexer o Pórtico da Gloria e lgorar que a nave do século doce e as tribunas reciban a máxima iluminación. É un dos maiores vidros de ventá na histoira da arquitectura anterior á revolución industrial. Anque a fachada ten tres partes ben definidas- dúas torres e unha grande portada presidida por un enorme espello- en dodo momento o seu arquitecto pretende fusionalas utilizando un formato cóncavo. A fachada convírtese no gran arco de trunfo que dese a benvida aos fideis que desde lonxanzas terras viñan a rendir homenaxe de fe diante do sepulcro apostólico. Todo contribue a realzar a idea de verticalidade. O arquitecto e mestre de obras da catedral Fernando de Casas Novoa falece o vintecinco de novembro de 1749. Rematará a fachada o aparellador Lucas Ferro Caaveiro para proceder á súa inauguración oficial o 25 de xullo de 1750.
FERNANDEZ GONZALEZ, ALBERTO. Fernando de Casas, Arquitecto en Compostela. Consorcio de Santiago. Nigratea. Santiago, 2008.
GARCIA IGLESIAS, XM. Fernando de Casas Novoa. Xunta de Galicia. A Coruña 1993.
HERMIDA GONZALEZ, LUIS. Fernando de Casas y Novoa. Contexto,formación e obra. Santiago. 2007.
Sociedade