Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo participa no deseño da escola europea do futuro

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo participa no deseño da escola europea do futuro

08 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Definir cales van ser as tecnoloxías que se van a utilizar nas escolas do futuro e darlle soporte tecnolóxico. Este é o obxectivo dun proxecto de investigación ao que a Unión Europea dedicará nos vindeiros catro anos case 10 millóns de euros. Para conseguilo reuniu aos máis relevantes grupos de investigación europeos en aprendizaxe electrónico, un total de 26 agrupacións entre as que só se atopa un equipo español. Tr&

Estruturado en once paquetes de traballo, a Universidade de Vigo lidera un destes apartados para o que contará cun orzamento superior ao medio millón de euros. O seu cometido será dar soporte a todo o relacionado coas tecnoloxías da web semántica, unha serie de tecnoloxías que permiten que os propios ordenadores conectados a través de internet fagan razoamentos e obteñan deducións, dándolle así ás propias máquinas un grado de intelixencia maior.
De xeito simplificado, Anido explica como esta tecnoloxía é a que permite aos ordenadores entenderse entre eles e facer deducións .Entre outras tecnoloxías que se están a discutir, hai cousas tan concretas como poden ser os googles waves, a nova tendencia de Google para que as persoas interactúen en liña, ou temas relacionados cos taboleiros e mesas táctiles nas escolas.

Sociedade