Un home mata á muller en Ponteceso

Un home mata á muller en Ponteceso

15 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un home matou, supostamente, a marteladas á súa parella na localidade de Ponteceso, segundo confirmaron fontes da Garda Civil do municipio, que informaron de que o caso está a ser investigado. O alcalde, José Luís Fondo Aguiar, explicou que a muller tiña 34 anos e él, que xa foi detido, 54.  O rexedor indicou que a parella ten dous fillos en común, un de 11 anos --que ten unha discapacidade-- e outro de cinco e que, de feito, as alarmas saltaron c

O alcalde confirmou que non constan denuncias previas por malos tratos nin orde de afastamento, un extremo que ratificaron fontes policiais a Europa Press. As mesmas fontes indicaron que, segundo os primeiros indicios, a morte produciuse tras recibir a vítima varios golpes cun martelo na cabeza. Así mesmo, o alcalde de Ponteceso agregou que a muller levaba 15 días vivindo con outro home, algo que provocou os celos do seu anterior compañeiro.
Segundo relatou o rexedor do municipio, a vítima e o seu presunto asasino levaban uns catro anos vivindo en Ponteceso, aínda que el é natural da Coruña e ela o era da localidade zamorana de Toro. Ambos compartían un piso que este mesmo mércores quedaran en entregar á caseira, para o que os tres se citaron ás 12.00 horas.

XUNTOS PARA ENTREGAR O PISO
Tal e como sinalou o alcalde, a caseira viu á parella pola mañá en actitude "pacífica", pero posteriormente o corpo foi atopado nesa mesma vivenda, na que el desexaba seguir vivindo. A parella ten dous fillos menores, un de cinco anos de idade e outro de 11, que ten unha discapacidade e que, de feito, recibe asistencia do concello.
Fontes policiais informaron de que non constan denuncias previas por malos tratos. O presunto autor do crime foi detido e a Policía investiga agora o sucedido.

Sociedade