ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un home de 35 anos morreu onte á tarde en Limodre (Fene A Coruña) tras xogar un partido de fútbol. O falecemento aconteceu de xeito súbito, polo que haberá que agardar á autopsia para coñecer as causas que provocaron a morte. A noticia causou conmoción en Maniños de onde era o xove falecido.
Segundo indicaron fontes do Servizo de Emerxencias-112 Galicia, os feitos tiveron lugar no campo de fútbol de Limodre, en Fene. Estes servizos de emerxencias recibiron a chamada de aviso sobre as 19.25 horas e ao lugar desprazouse unha ambulancia do Urxencias Sanitarias-061 e a Garda Civil.
Pola súa banda, a Benemérita indicou a Europa Press que aínda se descoñecen as causas do seu falecemento, pero explicaron que o home sufriu "mareos" ao acabar de xogar e "caeu desplomado na banda".
No campo de fútbol de Limodre hai tempo que non se realizan competicións oficiais. Utilizan o terreo de xogo equipos da comarca para os seus adestramentos e tamén grupos de xovenes que disputan partidos amigables.