ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un home rebelde e amante de Galicia. Poderíase definir así a Antón Pita García, a quen esta mañá do Dia das Letras Galegas, a Asociación Veciñal de Magalofes adicou unha sentida homenaxe. O presidente da entidade Manuel Pico e o ex-alcalde de Fene Xosemaria Rivera Arnoso dirixironse ás persoas asistentes entre as que se atopaba a filla e a familia do homenaxeado.
No acto descubreuse unha placa en lembranza de Antón Pita García, que foi presidente da Asociación Veciñal de Magalofes e concelleiro en Fene. Faleceu o 6 de agosto de 1996.
Antón Pita García foi albanel de profisión e traballador de Astano. Como presidente da Asociación Veciñal de Magalofes, impulsou a construción do local social. Logrou que o Concello cedese os terreos en 1986 e máis unha subvención que alcanzou un millón de pesetas. Pero máis alá, él soubo implicar á totalidade da cidadanía da parroquia para colaborar de xeito voluntario e desinteresado na edificación. Os sábados pola mañá xa non collía a xente polo elevado número de persoas que se achegaban para colaborar. Segundo indicaba Antón Pita, o local serviu desde o inicio como factor de cohesión da parroquia. Antes había unha certa diferencia entre os de río abaixo e río arriba, pero ao empezar a construción xa quedou un único Magalofes e as diferencias acabaronse.
Amor a Galicia e ás tradicións e espiritu de rebeldía eran duas características da persoalidade de Antón Pita Garcia. Duas anécdotas sirven para exemplificar ese espiritu:
Adoitaba cantar a canción do cuco, uns versos tradicionais que dician así:
Eu ven vin estar o cuco
na beira dun arredor
cunha escopeta lareta
aprendendo a cazador
Outra anécdota revela tamén o espiritu rebelde de Pita. Contaba él que nunha ocasión traballaba cunha cuadrilla de albaneis en Ferrol ao mando dun encargado chamado don Alberto. O encargado convidou a todo o plantel con motivo do seu cumpreanos. Alí comeron e beberon e ao remate do xantar un dos empregados levantouse e reclamou un brinde dos presentes en agradecemento ao encargado. Viva don Alberto, exclamou. Acto seguido levantouse Pita e reclamou tamén outro brinde: Vivan os pelotas! Ao dia seguinte foi despedido.
A lembranza e o agarimo pola figura de Antón Pita presidiu esta mañá a homenaxe en Magalofes. Ao remate, un neno corría polo local social e díxolle a súa nai: Antón, ven aquí! Era o bisneto de Pita.
Publica o teu comentario agora