Un incendio nun autobús escolar obriga a reubicar a 30 alumnos na Coruña

Un incendio nun autobús escolar obriga a reubicar a 30 alumnos na Coruña

21 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Un autobús de transporte escolar que facía a súa ruta na cidade da Coruña rexistrou este mércores un incendio, o que obrigou a recolocar noutro autocar aos 30 alumnos que transportaba, que resultaron ilesos, e cortou un carril de circulación de saída da cidade. Segundo informou a Policía Local, o incendio orixinouse sobre as 8.30 horas da mañá, cando, por causas que aínda se descoñecen, o autobús, que transportab

Ao lugar, na glorieta que cruza a Avenida da Pasaxe, desprazáronse efectivos da Policía Local, que tiveron que cortar un dos carrís en sentido saída. Así mesmo, acudiron os Bombeiros da Coruña para apagar o  lume. Os 30 escolares que trasladaba o autobús, de Autocares Vázquez, puideron ser evacuados ilesos e xa foron transportados por outro autocar ao seu colexio. Aínda se están investigando as causas do incendio, pero a Policía apunta a un fallo eléctrico.

Sociedade