Un libro ou dous para viaxar no encerro

Un libro ou dous para viaxar no encerro
17 de Marzo, 2020 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Viaxar sen moverse de casa. Un libro pode facer máis levadeira a incertidume da espera. Os nosos lectores, Esther Val e Andrés CM Riveira recomendan botar man dun clásico ou dunha autora galega.

ESCOITA O PODCAST:

"Boris Vian é un aunténtico enfant terrible do xénero noir" din os críticos literarios sobre o autor de "Escupiré sobre vuestra tumba" de 1946 que, como membro do club de lectura de Radiofusión, nos recomenda Esther Val para levar mellor o encerro obrigado do coronavirus. Ten razón cando di que, se non podemos movernos de casa, viaxemos coa imaxinación, e un libro é unha boa maneira de viaxar. A Esther mandárona do traballo para a súa casa. Para ela non é un trauma porque se confesa unha persoa caseira e moi afeccionada á lectura así que o encerro non lle resulta tan traumático como á súa cadeliña á que acaba de pasear.

Ao pedirlle unha recomendación literaria desde Radio Fene para mitigar un pouco as secuelas do encerro, Val non dubidou en botar man dun clásico, deses que sempre hai por casa e van quedando marxinados polas novidades literarias. Cóntanos Esther que Boris Vian morreu dun infalto aos 39 anos cando foi de incógnito ver a película que se fixo desta novela. Así que indagar nas peripecias do autor tamén pode resultar entretido. E non digamos se á lectura lle engadimos a música porque Boris Vian gostaba do jazz e o libro fai alusión a moitas cancións. Deixanos caer unha suxerencia para estes dias, descubrir ou seguir oíndo a Love of Lesvian, como ela que é unha fan do grupo. "El poeta halley" está moi ben para combater o virus.

 

Tamén na casa "teletraballando" teñen ao noso colaborador Andrés C.M.Riveira quen recoñece que se ve raro nesta situación que el sobreleva lendo, escribindo, escoitando música e limpando a casa. Pedímoslle unha recomendación literario a este outro asíduo membro do Club de Lectura de Radiofusión e non dubida en recomendarnos dúas novelas de Berta Dávila e delas,  "O derradeiro libro de Emma Olsen" .

Feliz encerro e feliz lectura!!

(Na imaxe de Xan Xe, os dous lectores en plena tertulia)

Cultura

Publica o teu comentario agora