Un libro, un agasallo e un mundo por descubrir

Un libro, un agasallo e un mundo por descubrir

05 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un libro sempre é un agasallo ben recibido aínda que ten unha competencia moi forte nestas datas cos xoguetes, perfumes e demais presentes que se agasallan no nadal. Os que se decanten por agasallar cunha publicación son moitos os títulos que sobrancean e cos que pasar un bó rato de lecer. Miguel Justo da mítica Central Libreira de Ferrol achéganos algunha suxerencia á hora de elexir entre os numeroso exemplares que teñen á venda.

Para os que desexen coñecer o máis cercano, atopamos a novela de Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez “Un mar de leyendas”. Publicada en castelán, achéganos a diversos rincóns e tradicións da nosa comarca como o San Ramón de Sillobre, o Río Belelle ou o Monte Ancos.

En Galicia tamén contamos cun Zafón, Domingo Villar, un autor galego residente en Madrid que se atopa nos primeiros postos de venda. Posúe dúas novelas policíacas de calidade cuxa historia transcurre na cidade de Vigo: “A praia dos afogados” e “Ollos de auga”.

Segundo Miguel Justo, os libreiros teñen que presumir da súa cidade e unha colección de fotografías antigas de Ferrol de Guillermo Escrigas serve para facer patria.

Os bet-sellers tamén son ben acollidos para agasallar polo nadal. Tras o éxito da triloxía de Stieg Larsson, outro autor sueco faise eco con “La caída del estado del bienestar”. Malia todo se falamos de cifras de venda hai que mencionar “Historias de Ferrol en guerra” de Lucas Molina, que xa leva 1750 exemplares vendidos. 

A literatura fantástica, coa saga de “Crepúsculo” é outra das propostas das que botar man á hora de elexir un agasallo. E non nos podemos esquecer da xente miuda. Os Bolechas arrasan entre os lectores máis pequenos. A gran novidade son uns libros infantís dun ratiño que desprenden aromas mesmo a chiculate. Xa non se despertan os sentidos do tacto ou da vista entre os nenos agora a oferta esténdese ao olfato.

Unha gran variedade de propostas que podemos atopar na Central Librera na Rúa Dolores de Ferrol. Un establecemento mítico que abriu hai 60 anos, no 1950 e que se gaba de ir pola súa terceira xeración.

Sociedade