ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un Maniños fiable pode co Monfero (0-8), na Segunda Galicia de fútbol. Unha actuación incontestable tivo o Cultural Maniños fronte ao Monfero o domingo. Foi moi superior segundo o marcador. En palabras do técnico, o Maniños estivo moi motivado e fixeron un encontro completo, no que ademais debutaron dous xuvenís. O equipo do Pote está practicamente clasificado para ingresar no grupo bo pero matematicamente aínda non, segundo un cauto Pablo Mesa; "Hai que seguir competindo".
Mesa desexa unha boa recuperación para o porteiro Junior. Sufriu rotura de ligamentos e é baixa para o que resta de tempada. Na próxima xornada de Liga, o Maniños descansa pero o venres ten encontro de copa ás 11,30h no campo do Pote fronte ao Estrella. Queren seguir pasando eliminatorias pero acoden con precaución, porque é a partido único e non desexan sorpresas.
Publica o teu comentario agora