Un mar de tapas

Fene segue a potenciar a riqueza da ría
25 de Setembro, 2018 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

Fene potencia as bondades da ría cun certame gastronómico de petiscos que dan protagonismo aos productos do mar e do pósito de Barallobre

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene organiza no mes de outubro o certame gastronómico "Fene, un mar de tapas". O prazo para que se inscriban os hosteleiros remata o venres 28 de setembro. Organiza a Concellería de Promoción Turística que dirixe Juan José Franco, coa Confraría de Barallobre. Deben apuntarse enviando a inscrición ó correo rede@fenevivo.gal ou entregándoa no departamento municipal de Turismo. O concurso celebrarase do 12 ó 14 e do 19 ó 21 de outubro, en horario de 13 a 15 e de 20,30 a 22,30 h.
Cada establecemento poderá presentar un máximo de tres tapas. Así mesmo, co fin de fomentar o uso de produto autóctono e de proximidade, nesta edición fíxase como único requisito que as tapas presentadas inclúan na súa elaboración, dentro do posible, polo menos un produto de peixe ou marisco da ría de Ferrol ou, no seu defecto, da marca Pesca da Rías.

Cursos de cociña

Así mesmo, o Concello anuncia a celebración de dous cursos de formación, dirixidos ós responsables de cociña dos locais do municipio, gratuítos pero con inscrición previa –no correo rede@fenevivo.gal ou no Concello-. Desenvolvense mañá mércores 26 e o xoves 27 nas instalacións de Icook en Perlío e estarán impartidos polo profesor de cociña Miguel Silvaredonda, en horario de 17 a 20 horas. De "Fene. Un marde tapas" falounos o responsable de Turismo, Juan José Franco.

Institucional

Publica o teu comentario agora