Un menú de Nadal asegurado

Fene ultima as axudas de Nadal
11 de Decembro, 2020 - 09:37 h. | Publicada por Radio Fene

A área de Benestar Social do concello de Fene asegurará un menú para as familias que pasan apuros económicos este Nadal.

ESCOITA O PODCAST:

A responsable da área de benestar social de Fene, Mª Carmen Martínez, mantén esta mañá unha xuntanza cos representantes da ASCM (Asociación Sociocultural de Minusválidos) para avaliar o servizo de acompañamento telefónico que prestaron e aínda prestan desde esta asociación aos veciños e veciñas de Fene que se encontran sós a causa da pandemia. Esta colaboración que comezou durante o confinamento sigue prestándose aínda hoxe a unhas 12 persoas e a intención é continuar porque, en palabras da edil, hai moitas persoas maiores que viven soas e por medo a contaxios aínda non regularizaron as relacións familiares. Tamén se programarán na xuntanza novas actividades do programa “Ponte no meu lugar”.

Nadal solidario

Os menores de 16 anos de entre 15 a 20 familias de Fene recibirán os agasallos de Nadal. Estase rematando o proceso de asignación das axudas que supoñen uns 100 euros para cada rapaz ou rapaza. Co Nadal como fondo, os Servizos Sociais municipais acolleron de bo grao unha iniciativa de Dignidad para que todas as familias que pasan por apuros económicos teñan o seu menú na Noiteboa. Será a través dun convenio con restaurantes e as previsións apuntan a unhas 55 familias.

Acordo coas farmacias

No espazo As Foxas, Mª Carmen Martínez anunciou que pedirá á facenda municipal, en pleno borrador dos Orzamentos de 2021, un aumento da contía para o seu departamento de 70.000€ cando antes estaba en 50.000. Outros ingresos chegarán á área de Benestar a través da Deputación da Coruña. Son 130.000€ concedidos para múltiples proxectos, como contratación de persoal, axudas para comedores, etc… Martínez adiantou un proxecto que teñen os SS SS de chegar a un acordo coas farmacias para cubrir ás persoas que non teñen cartos para facer fronte á compra de medicamentos. Pouco a pouco vaise normalizando o servizo de axuda a domicilio. Persoas que renunciaron ao servizo durante o confinamento volven darse de alta, mentres que outras aínda non o fixeron. O 31 de outubro remataron todas as horas que se sumaron a este servizo a causa da Covid19.

Radio

Como os maiores son grupo de risco, semella que vai para longo que podan volver a reunirse en persoa nos obradoiros das Tardes Activas, daí que se retomasen os programas en Radio Fene para continuar cos obradoiros da memoria a través das ondas. Todos os martes ofrécese a través da radio municipal o programa "Fene na memoria" no que interactúan monitores e usuarios de todas as parroquias. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora