Un morto e dous feridos nun accidente laboral en Ferrol

Un morto e dous feridos nun accidente laboral en Ferrol

09 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O traballador natural de Sillobre, en Fene, Joaquín Sánchez Illobre., de 54 anos de idade resultou morto esta mañá nun accidente laboral acaecido en Ferrol. Os servizos médicos só puideron certificar a súa morte. O sinistro ocorreu cando operarios dunha empresa estaban a colocar unhas zapatas para a cubrición da pista de pádel do Club de Tenis.

Un dos traballadores que resultaron feridos o sinistro laboral ocorrido este xoves no Club de Tenis de Ferrol xa foi dado de alta. Trátase de F.S.C., de 46 anos, segundo informaron fontes do Hospital Arquitecto Marcide, ao que fora trasladado.
O outro traballador ferido trasladado ao centro hospitalario, C.C.F.D., de 57 anos de idade, permanece á espera de que se lle practiquen as probas médicas pertinentes aínda que o seu prognóstico é "menos grave".

O sinistro laboral ha tido lugar ao redor das 9.00 horas no Club de Tenis de Ferrol, situado na rúa Alonso López do barrio de Canido. As obras son realizadas pola empresa Construcións Deportivas Sada para cubrir as pistas de pádel.

   Como causa do accidente, fontes municipais sinalaron que a pluma da guindastre se caeu debido a que unha das patas se ladeou cando os obreiros estaban a botar formigón nas zapatas das pistas.

   Até o lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros de Ferrol, a Policía Local, a Policía Nacional, Protección Civil e o 061-Urxencias Médicas.

Sociedade