Un mundo de enerxía

Un mundo de enerxía

12 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, visitaba esta mañá a mostra “Un mundo de enerxía”, ubicada dende o pasado 4 de maio no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares, e que permanecerá aberta ao público ata o próximo día 17. Unha mostra que visitaron tamén durante todos estes días preto de 500 alumnos e alumnas de diferentes centros de ensin

”Un mundo de enerxía” é unha mostra que intenta divulgar e potenciar o uso racional da enerxía con criterios de eficiencia e de aforro. Permite aos visitantes participar nos diversos aspectos do marco temático da enerxía: producción, transporte e consumo. A exposición estimula a curiosidade do visitante cara ao mundo da enerxía mediante a utilización de distintos medios audiovisuais, táctiles e experimentais que o axudan a comprender a complexidade dos procesos e infraestructuras necesarias para levar a cabo actividades tan cotiás como acender unha lámpara ou utilizar un vehículo. Trátase dunha exposición itinerante facilitada polo INEGA e a Consellería de Innovación e Industria.

Sociedade