Un museo para Ferrol vello

Un museo para Ferrol vello
06 de Febreiro, 2024 - 08:19 h. | Publicada por Radio Fene

A PYSBE, a Peninsular Maderera e a fábrica de lapis Hispania. Eran tres industrias radicadas no porto de Ferrol e que falan da relación das cidades co mar. A Asociación Veciñal de Ferrol vello quere poñer en valor ese pasado industrial. Xa hai dous anos a entidade e a hostalería organizan actividades arredor do bacallau. En Ferrol vello falta un museo, salienta o organizador das xornadas Vento de Bacallau Emilio Romero.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Emilio Romero, da comisión organizadora de Ventos de Bacallau:

http://173.255.131.18/audio/060224ROMERO.mp3

Fotografia Xan Xe

Ventos de Bacallau intenta lograr o apoio de todas as institucións. O museo podería versar arredor da xente do mar, pescadores, mariscadores e industria relacionada coa ría. 

 

Imaxe do programa Onda ODS. Empeza por ti. Radio na rúa o 1 de febreiro de 2024 na Asociación Veciñal de Limodre. No espazo falouse tamén do museo de Ferrol vello

(Fotografía Xan Xe)

Cultura

Publica o teu comentario agora