Un Nadal bonito e sostenible

Un Nadal bonito e sostenible
22 de Decembro, 2020 - 11:12 h. | Publicada por Radio Fene

Allariz vístese de branco polo Nadal. A vila salpícase de postais de Nadal en cada praza, con decorados sostenibles.

ESCOITA O PODCAST:

Cada cidade e cada vila galegas poñen todo o seu empeño en alegrarnos a vida polo Nadal, decorando as rúas, con luces e outros adornos. Unha vila como Allariz (Ourense) destaca no Nadal polo bo gusto, por transportarnos a outro lugar e por facelo dun xeito sostenible. Os restos da poda, os restos da estructura do Festival Internacional de Xardíns que se monta no verán, materiais reciclados e moita neve, todo se garda e todo vale para montar o poblado navideño, o mercado de Nadal, a granxa de Nadal, a casiña do Apalpador, o xardín das fadas e dos trasgos. O casco histórico ilumínase de branco, contrastando o brillo das luces co empedrado das casas e do chan. O presuposto son 7.000€.

Allariz continúa sen casos de contaxio por coronavirus. “Ogalla sigamos así” desexaba María López cando nos despedimos dela. Os famosos outlets da vila están engalanados este Nadal, preparados cn felpudos e ventilación especial para unha situación especial.

Institucional

Publica o teu comentario agora