ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Policía Local de Narón dispón dun novo furgón de atestados, que hoxe foi presentado públicamente na Praza de Galicia polo Alcalde, Jose Manuel Blanco, e o xefe da Policía Local, Eduardo Pita, acompañados polo edil de Seguridade Cidadá, Ramón Padín. O vehículo é un Toyota Hiace D4D C 95, e está adaptado con todos os elementos necesarios para facilitar o traballo aos policías adicados ao servizo de atestad
Este novo furgón ten unha capacidade de 7 prazas, e dispón de mobiliario adaptado, mesas de traballo para alcoholímetro, e ordenador portatil con impresora para realizar os trámites administrativos relacionados cos atestados e tráfico. Ademáis, conta de elementos sinalizadores de emerxencia, inhibidores para o lume, sinais plegables, e diversas tomas de corrente no interior e exterior de 12 v. e 220 v. O vehículo, xunto con tódalas modificacións feitas no mesmo, tivo un curso de 33.500 euros.
Coa incorporación do novo vehículo, a Policía Local de Narón pasa a ter unha flota de 8 vehículos e 4 motocicletas, que serán empregados polos 36 axentes que forman a plantilla do Corpo de Policía Local. A este respecto, o Alcalde de Narón sinalou que a forza local de seguridade “está bastante ben equipada aínda que sempre temos que aspirar a ter máis. A incorporación deste novo vehículo de atestados vai a mellorar a calidade do servizo que presta a Policía Local”, destacou Jose Manuel Blanco.