Un novo vertido na depuradora de Vilalba acaba cunha zona de posta de troitas

Un novo vertido na depuradora de Vilalba acaba cunha zona de posta de troitas

18 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A asociación ecoloxista ADEGA ven de denunciar un novo verquido que se produciu no río Magdalena polo mal funcionamento da depuradora de Vilalba, que non é capaz de separar as augas fecais e pluviais en momentos de gran volume de chuvias, como foi o caso do pasado venres.

Así, desde a institución ecoloxista afirmouse que “onde normalmente sae auga depurada empezou a saír auga sen depurar que se estendeu por todo o cauce do río entre as 14.30 ata as 19 horas”. Este episodio súmase aos numerosos incidentes que tiveron lugar o ano pasado e que ADEGA cifrou en “mais de 50”.

Este caso foi especialmente preocupante, segundo ADEGA, porque o problema tivo lugar “nunha zona inmellorable do río, onde o pasado mes de decembro se contaron mais de 70 niños de postas de troitas, de alevins recén nacidos, e despois deste verquido é supoñer que pasarían a mellor vida”.

Sociedade