Un outlet con doces

Un outlet con doces
27 de Agosto, 2020 - 01:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Outlet de Fene desenvolverase o venres e o sábado de dez da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a nove da noite. O domingo entre as dez da mañá e as dúas da tarde. No evento poderán conseguirse todo tipo de artigos -principalmente moda, complementos e cousas para a casa-, con rebaixas que nalgúns casos poden chegar até un 70%.

ESCOITA O PODCAST:
Dulzia en Marqués de Figueroa

A tenda de larpeiradas Dulzia, no número 55 da avenida Marqués de Figueroa, tamén se suma ao Outlet. Á fronte do negocio atópanse Beatriz López e Sonia Valdés que decidiron non apostar só por doces e lambetadas. En Dulzia teñen tamén agasallos para vodas, bautizos e comunións, segundo indica López.

Sociedade

Publica o teu comentario agora