Un pantocrátor moi suxerente

Un pantocrátor moi suxerente

04 de Maio, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Un pantocrátor tosco pero suxerente preside a fachada norde da igrexa de San Salvador de Sarria. Os expertos debate acerca do verdadeiro significado dunha figura que podería ser o Cristo maxestade ou representar ao rei David, segundo explica o cronista oficial de Sarria Xaime Félix López Arias.

O rei Afonso Noveno (en realidade Afonso octavo de Galicia e León) morreu en Sarria cando retornaba da conquista de Mérida un vintecatro de setembro de 1230. O mesmo monarca fundara a Vilanova de Sarria e concedéralle á localidade representación directa en Cortes. Asina en Sarria un documento referido a San Salvador de Coruxo en Vigo e realiza alí unha especie de xuizo rápido por unha demanda entre señores feudais e o mosteiro de Sarría. Os seus restos mortais repousan na capela das reliquias da catedral de Santiago de Compostela.

Sociedade