Un partido ilusionante

Un partido ilusionante
28 de Outubro, 2022 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

Na Primeira Galicia de fútbol, Carral - Maniños. Domingo ás 4,30 da tarde no campo do Castro en Carral. Un partido ilusionante dentro dunha tempada na que o Maniños está a dar o nivel,segundo o adestrador Pablo Mesa. Tanto o Barallobre como o Perlío xogan o domingo pola mañá. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita as previsións dos adestradores do Maniños, Perlío, Barallobre e Maniños B sobre os partidos deste domingo http://173.255.131.18/audio/281022SANFIZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Segunda Galicia de fútbol. 
Esteiro- Perlío. Domingo ás 12 da mañá no campo da Gándara 1 en Ferrol. O Perlío non vai sacar ningún partido fácil, segundo o  mister do equipo dos Pinares Gonzalo Beceiro. 
Monfero- Maniños B. Domingo ás catro e media no campo do Xestal en Monfero. O Maniños B ten que construirse e loitar. No Monfero hai xogadores que poden dar a sorpresa.
Vilarmaior - Barallobre. Domingo 30 ás doce da mañá no campo municipal de Vilarmaior. Teñen un dos mellores porteiros da categoría, para o técnico do Barallobre Miguel Carballeira.
O fútbol feminino descansa esta fin de semana. Retoma as competicións o domingo seis de novembro. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora