Un partido plácido

Perlío 2- San Sadurniño 1
18 de Novembro, 2019 - 10:59 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío venceu ao San Sadurniño nun encontro no que non se xogaban nada ningun dos dous. O mesmo pasará na próxima xornada fronte ao Mugardos B.

ESCOITA O PODCAST:

Perlío e San Sadurniño. Os dous equipos estaban clasificados xa para a segunda fase. Non había presión, era un “partido plácido” en palabras de Chechu Piñeiro, porque ninguén se xogaba nada. O técnico do Perlío afirma que foron superiores tal como di o resultado, pero que tardan para marcar, que lles falta o gol na primeira parte. De feito, adiantouse o San Sadurniño no marcador, a nove minutos despois de empezada a segunda metade. Diego Calvo empatou aos dous minutos e Isma pechou o marcador no minuto 75.

O último choque desta primeira fase será co Mugardos B, tamén clasificado. Así que de novo será un encontro de trámite. Chechu Piñeiro estalle dando minutos aos que xogaron menos. Nun par de semanas cambia o obxectivo e empezan a traballar para el.

Deportes

Publica o teu comentario agora