Un paseo pola memoria a prol dun envellecemento satisfactorio

Un paseo pola memoria a prol dun envellecemento satisfactorio

07 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Baixo o título "Un paseo pola memoria" retómanse esta semana o programa de envellecemento activo organizada pola Concellería de Benestar e Igualdade de Fene. A actividade traballa con aspectos de distinta índole para tratar o carácter emocional, habilidades sociais e cognitivas. As ferramentas empregadas van dende xogos para reforzado o razón, como sopas de letras ou crucigramas, ata abrazoterapia, musicoterapia, relaxación, talleres de cociñ

Un "Paseo pola memoria" retomouse o pasado luns cunha ducia de persoas no Colexio A Xunqueira de San Valentín. Unha actividade que, segundo a Educadora Social, Mar Dubra, pretende rachar co estereotipo do taller de memoria tradicional. Ademais de incidir no ámbito cognitivo fortalecerase o concepto de envellecemento satisfactoriamente, como un proceso e non algo estático para manter unha boa calidade de vida.

O programa diríxese non só aos máis maiores senón tamén ás persoas en activo que se queran preparar para a súa xubilación. Destacan os intercambios interxeracionais que se levarán a cabo mediante contacontos ou cartas.

Aínda que o prazo de inscrición xa rematou os interesados poden anotarse ata cubrir o número de prazas. O programa desenvólvese os luns e mércores. Terá unha duración de 20 sesións ata a primeira semana de decembro.

Sociedade