Un paso de xigante

O Maniños da Liga Futbol 8 fixo unha fazaña, gañar con dous goles de vantaxe ao Discalzas, equipo con sona de rocoso
23 de Outubro, 2018 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

Se gaña o próximo sabado en San Sadurniño, terán dado un paso importante para estar na cabeza.

ESCOITA O PODCAST:

O Maniños feminino tamén se alzou co trunfo sobre o Discalzas. Maniños 4- Discalzas 2 foi o resultado dun encontro con moitos goles, a pesar da sona de rochosas que precede ao Discalzas. O técnico do Maniños, Carlos Gómez, afirma que gañaron grazas ás individualidades e á fortuna e amosouse moi autocrítico consigo mesmo. Botouse a culpa das dificultades que tivo o equipo. Ao final unha victoria que soupo a gloria á afección. O próximo sabado ás 19:00 horas o Maniños visita ao San Sadurniño que é segundo equipo clasificado e ten unha vantaxe se catro puntos sobre as fenesas. Se gaña, o Maniños dará un paso de xigante.

Deportes

Publica o teu comentario agora